El show de Truman
A película do Show de Truman pareceume un bastante interesante xa que durante todo o tempo fanlle pensar a Truman que vive na realidade cando realmente o que ocorre é que el vive nunha realidade perfecta deseñada para seren perfecta e estar todo organizado para así ter unha audiencia á que manter. Como punto positivo destacaría que a película axústase á realidade, é dicir que lle fan creer con total realidade ó protagonista que esta a vivir na verdadeira realidade. Como punto negativo diría que aínda que sexa un filme paréceme bastante cruel facerlle iso a unha persoa é dicir o de facerlle creer que vive nunha realidade que non é real.
Contesta ás seguinte preguntas:
-Se de verdade fixeran O show de Truman, pensas que sería visto por moita xente?
-Pensas que a xente en xeral (a audiencia) ve o que lle gusta (actitude activa, consciente) ou lle gusta o que ve (actitude pasiva, inconsciente)? Responde a iso comentando a frase do creador de The Truman Show: " Aceptamos a realidade tal e como no la contan"
·Eu creo que polo xeral, a xente adopta unha actictude activa, consciente do que ve e que busca o que lle gusta ver pero nalgunhas ocasións, cando o espectador non pode ver o que quere ben sexa porque non o botan no televisor ou porque emiten outra cousa, o espectador tende a ver dentro do que non lle gusta o que menos lle desagrade.
A frase de aceptamos a realidade como nola contan é certa xa que realmente nós creemos que a nosa realidade é real porque nos contaron que así era e non tes nocións de que todo o que vivimos sexa falso.
Comentarios
Publicar un comentario